CEE | Performance sobre a deconstrución do amor romático

Actividade programada polo Centro de información ás mulleres en colaboración coa Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego, financiada con fondos procedentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para o alumnado de 3º da ESO do IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces e C.P.R. Manuela Rial Mouzo. Esta actividade terá lugar na Casa de Cultura ás 11:30h do día 25 de outubro.

Con esta actividade, enmarcada dentro da programación anual do CIM de prevención da violencia de xénero e igualdade , preténdese desmitificar o amor romántico e reflexionar sobre a igualdade de xénero nas relacións amorosas, ademais de previr a violencia de xénero a través da reflexión sobre as actividades escénicas.